Centenario Pier Paolo Pasolini

A un século do seu nacemento, Pier Paolo Pasolini (1922-1975) segue sendo un dos intelectuais máis importantes e influíntes do século XX. O poeta, escritor, cineasta e figura política celebraría este 5 de marzo de 2022 cen anos e nós queremos lembralo coa proxección de Edipo Rei e con este itinerario que mostra unha parte da multifacética obra literaria e cinematográfica do autor boloñés.

Na lista poderedes atopar a súa primeira novela Chavales del arroyo (Nórdica), una crónica da vida nos arrabaldes de Roma tras a II Guerra Mundial ou o guión de Nebulosa (Gallo Nero), un encargo que recibiu dos directores Gian Rocco e Pino Serpi que nunca se chegou a filmar integramente. Entre a súa obra atoparedes artículos reunidos sobre deporte e diarios de viaxes como o de Larga carretera de arena, na que relata o seu percorrido nun Fiat 1100 pola costa italiana desde Ventimiglia ata Trieste. E tamén volumes que recollen a súa correspondencia, entrevistas e artigos onde fala dos temas que atravesan toda a súa obra: o fascismo e a súa evolución histórica, a crítica á sociedade de consumo e á sociedade italiana, ou a homoxeneización cultural (Escritos corsarios, El fascismo de los antifascistas, Cartas luteranas).

Libraría NUMAX |