Tea Rooms. Mujeres obreras

Luisa Carnés, autora da Xeración do 27, constrúe en Tea Rooms. Mujeres obreras unha novela social situada na Segunda República que ademais se inscribe no marco da novela reportaxe.

Tea rooms é un retrato dun grupo de mulleres que exercen de camareiras nun céntrico salón de té madrileño, un grupo diverso e heteroxéneo formado por Antonia, a veterna; a beata de Paca; Laurita, a sobriña do encargado; Marta, que entrou no salón suplicando o traballo; e a pobre Matilde, unha rapaza pobre pero con ideas propias e mirada crítica. A orixinalidade e a modernidade desta novela está no punto de vista do libro: un narrador omnisciente (que ten moito de cinematográfico) capaz de identificarse con todas as personaxes e que se concentra, sobre todo, en Matilde, a testemuña da acción (e alter ego da autora). Esta personaxe funciona como unha conciencia capaz de comprender as causas que provocan a situación de explotación na que se atopa ela mesma e as súas compañeiras. 

“Diez horas, cansancio, tres pesetas”.  

 

Así Tea Rooms afonda nas súas historias persoais e nas duras xornadas laborais que afrontan cada día mentras a través do cristal do salón vén como o contexto social e político se vai transformando e como aparece e se organiza o movemento obreiro da época. Mentras, elas, pregúntanse que papel xogan nesta nova situación. Empregando unha linguaxe crítica e directa, unha estructura narrativa innovadora e un tono inusual para a época, Luisa Carnés non quere outra cousa que poñer a atención sobre a futura transformación da sociedade de clases e, especialmente, sobre a emancipación da muller, e deixanos anacos tan esclarecedores coma este: “en los países capitalistas, particularmente en España, existe un dilema problemático de difícil solución: el hogar, por medio del matrimonio, o la fábrica, el taller o la oficina. La obligación de contribuir de por vida al placer ajeno, o la sumisión absoluta al patrono o al jefe inmediato. De una u otra forma, la humillación, la sumisión al marido o al amo expoliador”. (2016: 131). Así falará desta obra o crítico e editor Constantino Bértolo no libro ¿Quiénes somos? Libros de la literatura española del siglo XX, onde lle dedica un capítulo a esta novela: “no se limita a dar testimonio, sino que, mediante la historia de Matilde y de su emancipación, propone una salida transformadora de raíz marxista a través de la militancia política. Es ahí donde la novela se convierte en novela revolucionaria al integrarse en unas premisas estéticas cercanas al realismo socialista: el arte en su condición de agitación y propaganda”. (2021:59). 

Luisa Carnés, de formación autodidacta, conseguiu con esta novela que escribiu despois da súa propia experiencia como traballadora nun salón de té, unha calorosa acollida por parte do público e a crítica. Pero a súa carreira viuse truncada polo golpe militar do 18 de xullo de 1936 que daría paso á guerra civil española. Trala derrota do bando republicano exiliouse a México, país no que faleceu en 1964. 

Libraría NUMAX |