Al final del miedo

Relatos coma furados, coiteladas coas que a autora mexicana Cecilia Eudave embiste a realidade no libro Al final del miedo, traslucindo que hai máis aló, qué se oculta tras estas vidas monótonas e desprovistas de significado, nun siniestro xogo de dobles e espellos.

Uns descarnados protagonistas lévannos da súa man, palpebrexando ante a excesiva craridade e nitidez que inunda a súa plana existencia.

A muller esperta, e sabe perfectamente que non lembra nada da súa vida, e que non voltará a lembrar nada, os amigos adentranse na noite buscando o perigo nun misterioso local clandestino, unha parella viaxa no seu coche e vese inexplicablemente atarefada en se desfacer dun corpo atropelado… O corrente, o convencional, alterado abruptamente, por accidentes tan inesperados, coma desexados.

Os sólidos cementos da sociedade fenden, e asoma a escuridade, o desexo, a loita, un equilibrio fráxil, unha tensa corda tendida sobre o misterioso, o descoñecido, o abismo irresistible ao que os protagonistas se aproximan sen pavor, toupas a cavar túneis cara la escuridade, estirando os límites do seu mundo ata sentir como esgaza.

Os misteriosos furados dos que todos falan, heraldos dunha fin que se aproxima, son parte da súa cotidianidade.  Desprovistos xa das súas ataduras, estes corpos, coma naves abandonadas, entréganse irremediablemente á corrente, buscando precipitarse no escuro remuíño, baterse e astelarse, sentíndose tal vez así por un momento vivos, más aló do medo.

 

Libraría NUMAX |