Recomendados de abril de 2022: Centenario do «Ulysses»
Este 2022 fanse 100 anos da publicación do Ulysses de James Joyce. A novela foi serializada en parte no xornal americano The Little Review dende marzo de 1918 a decembro de 1920 e posteriormente foi publicada en París por Sylvia Beach en febreiro de 1922.
Dublineses
Galaxia
James Joyce
James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quince relatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase media de Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. No momento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismo irlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plena efervescencia. Traducido por María Alonso Seisdedos.
Ulises ilustrado
Galaxia Gutemberg
James Joyce
Esta edición de Ulises, traducida por José Salas Subirat, conta con 134 ilustracións a cor e case 200 en branco e negro de Eduardo Arroyo.
Libraría NUMAX |