Os libros de Nuria Vil

A poeta Nuria Vil é a metade da primeira parella que protagonizará o primeiro encontro da actividade É un falar. Un ciclo de encontros que busca afondar nas relacións entre a oralidade e a escrita. Xunto ao asturiano Pablo X. Suárez conversará na Libraría NUMAX o próximo sábado 11 de xuño ás 12.30h baixo o título "Lingua aberta". Esta actividade conta co apoio da Deputación da Coruña.
Aquí vos deixamos as súas recomendacións e escollas bibliográficas:
Saturno tamén é deus, Uxía Casal (Urco)
O Axolote e outros contos de bestas e auga, Lara Dopazo (Galaxia)
Hai quen escolle os camiños máis longos, Paula Carballeira (Positivas)
Tenruras e raivas, O Rabelo (Autoeditado)
19 poemas para um vírus-19 e Identidade, Nee Barros (Galaxia)
Flor de Cempasúchil, Aranxa Vicens (Autoeditado)
Sutura, Vanessa Glemsel (Editora Urutau)
En vías de extinción, María Reimóndez (Xerais)
Libraría NUMAX |