A oralidade na escrita
Este itinerario agrupa libros que recollen a experiencia da fala na escrita e que inspiraron a actividade É un falar, un ciclo de conversas que traerá á Libraría NUMAX, de xuño a novembro de 2022, a catro parellas de autoras galegas e doutras partes do Estado español para pensar e falar en alto sobre libros ou formas de narrar que nacen da oralidade. Nestes encontros participarán Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns; Celso Fernández Sanmartín e Fruela Fernández; Nuria Vil e Pablo X. Suárez; e Ángela Segovia e Luz Pichel. Esta actividade conta co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Instituto da Lingua Galega (ILG).
Nesta lista poderedes atopar os libros das participantes e outras novelas e obras de poesía nas que as cualidades sonoras, a pronuncia, a entonación, os xiros idiomáticos e os acentos da linguaxe foron vinculantes no seu proceso de escritura e que se reflicten nas traduccións. Tamén obras literarias formadas a partir de recollas orais e relatos testemuñais, outros xéneros que se atopa a medio camiño entre o ensaio e o diario e que amosan en parte o traballo da lingua ou as mutacións antropolóxicas da comunidade en relación ás formas de comunicarnos. E publicacións que traballan con formas non regladas da lingua.
«É un falar», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Libraría NUMAX |