Rarezas

'Habitación 202 do Hotel Amapola' da artista Dorothea Tanning (1970).

Os libros que forman este itinerario úneos a súa rareza. Son libros que nos gustan porque habitan entre as marxes: xogan cos xéneros e dalgún xeito fan fronte -de forma consciente- a todas as categorías de exclusión. Nesta lista atoparedes ensaios, novelas, poemarios e catálogos de arte que tratan de cuestionar as bases sobre as que se constrúe o amor, a vida familiar e os vínculos coa terra; que abordan de maneira intelixente e irónica os mecanismos psicolóxicos, físicos e sociais asociados á angustia; quebracabezas que mesturan invencións, vivencias, paixóns e que convidan a explorar a fronteira que existe entre a realidade a ficción... Todos eles buscan establecer unha nova maneira de intimidade coa persoa lectora ou espectadora, animándoa a cuestionarse a súa propia relación con como se contan as historias. 

- Tierra de amor y ruinas, de Oddný Eir (Sexto Piso)
- En la traza. Pequeña zoología poemática / In the Tracing. Small Poetic Zoology, Chantal Maillard (CCCB)
- La noche espiritual, de Lydie Dattas (Errata Naturae)
- Aliens & Anorexia, de Chris Kraus (Peguin)
- Zorro, de Dubravka Ugrešić (Impedimenta)
- El nenúfar y la araña, de Claire Legendre (Tránsito)
- Mal mor, de Emilio Araúxo (Axóuxere)
- Disección de una tormenta, de Menchu Gutiérrez (Siruela)
- Presenza dunha Ausencia: sobre Maurice Blanchot, de Anxo A. Rei Ballesteros (Axóuxere)
- Água Viva, de Clarice Lispector (Relogio D'Agua)
- El libro de las preguntas, de Edmond Jabès (Siruela)

Sabela Varela |