A única: María Casares

Co motivo da celebración do centenario do nacemento de María Casares organizamos este itinerario libresco para lembrar a súa figura como actriz e como mito do teatro francés. Para conmemorar este fito o cinema NUMAX ten preparada un pase especial de Orfeo de Jean Cocteau, filme que protagonizou María Casares xunto a Jean Marais.

Casares nace na Coruña en novembro de 1922 e chega a París coa súa nai sendo unha adolescente no ano 1936. A súa carreira estivo influenciada pola corrente existencialista e marcada pola dura experiencia do exilio. Dende que debuta como protagonista na montaxe da obra Deirdre des doleurs no Teatro des Mathurins, quererá dedicar a súa vida á interpretación cunha entrega total, enchendo teatros e tamén como rostro habitual do cine francés dos anos 50.

- Residente privilegiada, María Casares (Renacimiento)
- Residente privilexiada, María Casares (Trifolium)
- La única, Anne Plantagenet (Alba Editorial)
- María Casares. A impaciencia por vivir, María Canosa e Bea Gregores (Bubulú Libros)
- María Casares. A célebre refuxiada, a descoñecida, Arancha Estévez Lavandeira (Aira Editora)
- María Casares fronte ao espello, Sabela Hermida (Xerais)
- María Casares: mi patria es mi teatro, VV.AA (Trifolium)
- Correspondance 1944 - 1959, María Casares e Albert Camus (Gallimard)
- Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e Maria Casares (1946-1949), María Lopo (Baía Edicións)
- O tempo das mareas. María Casares e Galicia, de María Lopo (Consello da Cultura Galega)
- Sombras de un sueño. Diario de rodaje de «Las damas del Bois du Boulonge» de Robert Bresson, de Paul Guth (Contra)
- Orfeo, Jean Cocteau (Acontracorriente Films)
- A única. Maria Casarès, de Anne Plantagenet (Kalandraka)

Libraría NUMAX |