Os Winkle. Máis finos ca un allo.

“Ola, estás chamando ao teléfono dos Winkle. Neste momento non podemos atenderte. Podes deixar a mensaxe que che dea a gana. Vainos importar un pataco!”.

Queres coñecer a unha familia fóra do común? Pois Os Winkle é o teu libro! Esta familia é moi numerosa e extravagante. Gústalles a choiva, as festas e comer, e na súa casa non hai lugar para as présas. A familia Winkle deixou de tentar encaixar nunha sociedade aburrida para facer o que máis lles gusta: dedicarse a cultivar e coidar a súa horta. E desde ese lugar, desde o mundo vexetal que rodea a súa vivenda, constrúen as súas propias e diferentes personalidades.

A medida que pasamos as páxinas imos coñecendo, a través de ilustracións a todo cor, a todos os membros do clan (o narrador Peter Winkle, a mamá Rainy, a tía Grampe, a avoa Solance, as curmás Carola e Escarola...). Un a un descubrimos as súas teimas e gustos ao mesmo tempo que aprendemos que as nosas rarezas poden ser tamén o punto de partida para construír nosa propia identidade. En resumo, unha divertida historia para gozar en familia, que fará graza a pequenas e a maiores e que, aínda por riba, axúdanos a aprender a cociñar e a adoptar costumes saudables co seu recetacio final. Os Winkle. Máis finos ca un allo, está escrito e ilustrado por Iván R. e editado en Cumio Editorial, ten a súa versión tamén en castelán, co título Los Winkle. Todo les importa un pimiento.

Libraría NUMAX |