Os libros de Ángela Segovia

No cuarto e último encontro da actividade «É un falar». A oralidade na escrita traerá a Santiago de Compostela á poeta Ángela Segovia, Premio Nacional de Poesía en 2017 e Premio Las Librerías Recomiendan de Poesía por Mi paese Salvaje. Ángela Segovia fará parella con Luz Pichel nunha conversa que ambas decidiron titular «Ablandar a lingua», na que falarán sobre formas non regradas da lingua que empregan para construír as súas voces poéticas e sobre o seu uso como forma de subversión lingüística. Será o vindeiro venres 4 de novembro ás 20:30h da tarde na Libraría NUMAX. Esta actividade conta co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Instituto da Lingua Galega (ILG).

Aquí vos deixamos unha lista dos libros que Ángela Segovia leu mentres escribía Mi paese salvaje:

La antología Poesía de trovadores, trouvères y Minnesinger, de Carlos Alvar (Alianza)
Vida nueva, Dante (Cátedra)
El cuento del grial, Chretien de Troyes
Visiones, Hadewijch de Amberes (José J. de Olañeta Editor)
La cruzada de los niños, Marcel Schwob (Reino de Coralia)
Las puertas del paraíso, Jerzy Andrzejewski (Pre-Textos)
2666, Roberto Bolaño (Alfaguara)

 

«É un falar», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

 

Libraría NUMAX |