Maitreyi (La noche bengalí) e Mircea (El amor no muere)
A editorial Delirio vén de publicar dúas obras nun único libro: Maitreyi. La noche bengalí (1933) e Mircea. Una historia de amor (1974). Unha obra de gran interese literario e cultural nas que se afonda na historia de amor das persoas autoras, Mircea Eliade e Maitreyi Devi, presentadas baixo versións distintas e publicadas con corenta anos de diferencia.
Mircea Eliade, orixinario de Rumanía e nacionalizado estadounidense en 1966, é un dos máis coñecidos autores rumanos de todas as épocas por se escritor, filósofo e historiador das relixións. A súa obra completa ocupa máis de 80 volumenes, sen inclír na conta os seus diarios íntimos e os manuscritos. En novembro de 1928, pouco despois de graduarse na Facultade de Letras e Filosofía de Bucarest, Mircea obtén unha beca para marchar á India, a Calcuta, para estudar sánscrito. Alí frecuentará a Biblioteca Imperial e conseguirá destacar entre os eruditos da época, converténdose ao poco no discípulo do gran filósofo indio Surendranath Dasgupta. Grazas á relación que nace entre eles, en xaneiro de 1930 Eliade comeza a vivir na casa do seu profesor, onde ten a súa disposición a súa biblioteca personal. A novela Maitreyi. La noche bengalí acontece nos tres anos que o autor viviu en Calcuta, entre 1928 e 1932. Foi entón cando coñece a Maitreyi Devi, unha das persoas que protagonizan a novela que se publicou en 1933. O romance que experimentaron foi a fonte de inspiración para a novela de Eliade. Un libro que impresionou á crítica e ao público enteiro especialmente polo seu "exotismo" e "erotismo", algo completamente innovador e inédito sobre todo no contexto da literatura rumana. Despois da súa estancia na residencia da familia Dasgupta, Eliade pasou uns seis meses no Himalaya, Birmania e Ceilán. Ao volver a Bucarest en 1933, foi asistente na Facultade de Letras e Filosofía e obtivo o doutoramento en filosofía.
Pola contra, Maitreyi Devi naceu en 1914 en Calcuta. Filla do prestixioso Surendranath Dasgupta, profesor de filosofía na Universidade de Calcuta, e alumna do famoso poeta Rabindranath Tagore. Devi, foi poeta, ensaísta e prosista, con estudos doutorais en Cambridge e escribindo sobre historia da filosofía india. Maitreyi Devi recibiu unha educación notable, criándose dentro dunha das familias máis respectadas de Calcuta. Cando tiña só 16 anos, coincide con Mircea Eliade na súa propia casa. Tal e como o contan as dúas novelas, entre Devi e Eliade xorde unha historia de amor imposible, en parte polas diferencias culturais existentes entre os dous. Maitreyi Devi casouse con vinte anos con un begalí co que tivo familia. Aproximadamente corenta anos despois de que Eliade se marchara da India, Devi enterouse de que el escribira un libro revelando ao mundo a súa historia. A primeira vez que Devi escoitou falar do libro de Eliade foi despois de que o seu pai realizara unha viaxe a Europa en 1938. Tamén ten noticia do libro cando Devi coñece a varios rumanos que escoitaron falar dela grazas á novela de Eliade. Pero non foi ata 1972 cando Maitreyi coñece en profundidade o descrito por Eliade e decide escribir unha novela resposta, desde o seu punto de vista para contar a súa versión da historia.
As obras son interesantes polas diferencias culturais que presentan e tamén pola análise autoficional que nos permite facer ao lelas en conxunto. A relación amorosa preséntase distinta nas dúas novelas e as alusións sexuais que Eliade evoca na súa parte son a causa da resposta correctiva de Devi. Amor occidental e amor oriental, relixión e outredade son elementos clave que se interpoñen entre os protagonistas das dúas novelas, e que crean o contorno dunha historia controvertida.
Libraría NUMAX |