«Palabras tomadas»: conversa entre Fruela Fernández e Celso Fdez. Sanmartín

Celso Fernández Sanmartín e Fruela Fernández comezaron a súa conversa, unha velada chea de anédotas e historias, explicando o porque da elección do título «Palabras tomadas» para a actividade «É un falar». O narrador oral, Celso Fdez. Sanmartín, explicou que el pola súa profesión se nutre de palabras dadas e que pensou nun título que puxera en valor que as palabras son escoitadas e recollidas con cariño. 

Sobre todo, nunha época, na que ten a sensación de que as palabras, sobre todo a das persoas maiores, "van polo río abaixo" e non son atendidas. Despois de traballar nunha residencia de anciáns durante dez anos, comentou que o traballo diario máis necesario era facerlle entender ás persoas que coidaba que a palabra que eles tiñan era moi valiosas. De feito, fixo algunha publicación autoeditada na que trasladou transcripcións literais do que lle contaran, un traballo que lle recordou moito ao que describe Fruela Fernández en Tradición rebelde cando fala da cantante asturiana Lorena Alvárez e as gravacións de campo das que partiu para crear o álbum Colección de canciones sencillas

Pola súa parte, o docente e escritor Fruela Fernández dixo que ás veces tendemos a considerar memorables e importantes as palabras ditas por determinada xente (figuras case sempre masculinas e na súa maioría consideradas de referencia) cando, pola contra, o que permite a oralidade é reinvindicar cousas que merecen a pena ser recordadas e que non foron ditas por ninguén que vaia ser lembrado por escribirlas. Hai moita poesía, moitas imaxes e metáforas, grandes descubrimientos nas palabras de persoas que non as van escribir nunca. Algo que tamén ten un significado político, que é o de que, no fondo, escribimos en comunidade, a nosa escritura colectiva. A oralidade, a linguaxe iguala ás persoas mentres que a escritura, ás veces, separa moito máis, di Fruela Fernández.

Celso Fdez. Sanmartín dixo que gran parte do material co que el traballa está na súa cabeza, pero foi escoitado moito antes, en moitas conversas. Escoitando moito aos seus veciños e veciñas, a señoras que coñece dende fai moito anos como a tecedeiras de Zobra, que podería ser catedráticas intuitivas do galego, polo coñecemento tan fino e concreto do mundo no que se moven. 

De contacto e relación coas comunidades tamén fala Fruela, que se define como  unha persona que vive dunha en outra. Sendo de Asturias, dunha das dúas cuencas mineras, e acabando na actualidade noutra pequena comunidade das Illas Baleares. Pensa que reflexionar e escribir sobre comunidades, atopando sempre rastros e pegadas delas, é o único que nos da sentido e que nos pode salvar ante os desprazamentos e a rapidez coa que avanza o mundo capitalista no que vivimos. Fruela Fernández fala de como a cultura popular deu un sentido común, na que a expresión a través de frases feitas, refráns, cancións daba a capacidade de ter un repertorio de coñecemento compartido e entendible á todas as persoas. Algo que hoxe desapareceu e que está absorvido pola linguaxe da publicidade, dos memes, dos medios de comunicación, que son linguaxes construídos desde centros de poder. 

Por último, engadiu Celso Fernández Sanmartin, que cómpre recordar que sen atención non hai comunidade, nin hai coñecemento. Pois un dos elementos esenciais da cultura tradicional é precisamente a continuidade no tempo, é dicir, considerar que hai algo aprendido que merece a pena ser transmitido a outras xeracións.

Podes escoitar o total da conversa entre Fruela Fernández e Celso Fernández Sanmartín pinchando aquí.

«É un falar», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |