Augas de marzo
«A auga que cae labra, abona e sementa moito máis que calquera intención humana. Pode afirmarse que, ao sementarse a si mesma no seo dos chans, a choiva equivale e mesmo excede á convencional sementa de sementes. Pero é que, ao mesmo tempo, está a fertilizar os mesmos campos de cultivo. En primeiro lugar, porque leva no seu seo bastante nitróxeno — que é o pan das plantas—, pero non menos porque a humidade, é o principal estimulante dos múltiples procesos da fertilidade. Seguramente, de aí provén outro acerto do saber popular, aquel que afirma que «choven xornais». É dicir, que chove tamén o traballo para as campesiñas e campesiños.»
Fragmento de Somos agua que piensa, de Joaquín Araújo
Libraría NUMAX |