Un domingo de libros ;)

A Libraría NUMAX celebra un ano máis o Día do Libro! O domingo 23 de abril, en horario de 10:30 a 14:00 (mañá) e de 16:00 - 20:30 (tarde), abriremos ao público cun desconto do 10% en todos os libros en tenda e na nosa web.

Calquera compra feita na Libraría NUMAX durante a xornada do domingo 23 de abril terá un 10% de desconto tanto na tenda física como a través da nosa páxina web. Ademais, ese mesmo día entre todas as ventas en libraría farase un sorteo dunha entrada dobre para unha das películas en carteleira no cinema NUMAX, sesión a escoller.

Ese mesmo día, domingo 23 de abril ás 20:15, proxectaremos un pase especial do filme A los libros y a las mujeres canto da directora vasca Maria Elorza. Un filme que se constrúe a base de citas, extractos de películas, música, imaxes captadas, animacións e outros recursos para contar a historia do amor que lle profesa a familia da propia directora aos libros e as bibliotecas. Xa podedes mercar as entradas en numax.org.

A continuación, ofrecémosche unhas cantas recomendacións de lecturas que poderás atopar en NUMAX: 

Libraría NUMAX |