Lecturas Veladas

A Libraría NUMAX vén de presentar a actividade «Veladas analóxicas», que quere recuperar a proximidade co público, o contacto persoal e poñer a palabra no centro. Estará composta por catro encontros que se sucederán de maio a outubro e nos que parciparán a cineasta e programadora Elena Duque e a poeta Xiana Arias; o escritor Xuan Bello e o poeta e tradutor Eduard Velasco; o músico Marcelo Criminal e o poeta Jesús Castro Yañez. Unha actividade comisariada por Alicia Fernández e apoiada pola Deputación da Coruña. Velaquí podes consultar un itinerario bibliográfico que inspirou a actividade!

- El ojo y la navaja, de Ingrid Guardiola (Arcàdia)
La resistencia íntima, de Josep Maria Esquirol (Acantilado)
- Elogio de la amistad, de Tahar Ben Jelloun (El Aleph)
- Antropoloxía da auga, de Anne Carson (Chan da Pólvora)
- Oralidad y escritura. Tecnologías de la palabra, de Walter Ong (Fondo de Cultura Económica)
- O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo (Galaxia Editorial)
- Un lugar seguro, Olivia Teroba (las afueras)
- Paraules locals, Perejaume (Tushita Edicions) + Carta als amics del camp 

 

«Veladas analóxicas», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |