Las cosas del fin del mundo
Xa coñecíamos á escritora Jenny Offill por libros como Departamento de especulaciones e Clima, pero agora neste mes de setembro, chega ás nosas mans a tradución da súa primeira novela, Las cosas del fin del mundo, grazas á editorial Lava.
Este libro conta a historia de Grace, unha nena curiosa e imaxinativa que descobre o mundo á través das historias que lle conta súa nai. Este é un libro por veces bonito, por momentos divertido, pero que tamén garda moita escuridade e a sombra do que é vivir a enfermidade mental nun entorno familiar. Las cosas del fin del mundo recolle moi ben nas súas páxinas a imaxe que gardamos e os pedestais nos que colocamos ás veces aos nosos pais durante a infancia, para que o chan que pisamos cando somos persoas adultas non trema e non se rompa.
«Mi madre dijo que las piedras eran cosas del fin del mundo y que seguirían estando aquí mucho tiempo después de que la gente desaparezca. Otras cosas del fin del mundo eran los mares, el metal y los cuervos. Pensé que, si llenaba un bebedero para pájaros con agua de mar y tiraba una moneda en él, quizá entrevería el final de todo. Mi madre me dijo que aquel era un concepto sentimental. Otro ejemplo de concepto sentimental era la idea que tenía mi padre de que las cucarachas nos sobrevivirían a todos».
Libraría NUMAX |