Os libros de Ángel Carracedo

Este venres 15 de setembro ás 20:30 da tarde celebraremos a terceira conversa da actividade «Veladas analóxicas». A Libraría NUMAX acollerá as palabras que se intercambien o catedrático e investigador Ángel Carracedo e a escritora Lara Dopazo Ruibal nun acto titulado «Dentro e fóra dos marcos». Esta actividade está comisariada pola poeta Alicia Fernández e apoiada pola Deputación da Coruña. Aquí a súa lista de libros! 

El honesto mentiroso, Rafik Schami.
In Nomine Dei, de José Saramago.
Aventuras de una peseta ou La rana viajera, de Julio Camba.
Poesías, de San Juan de la Cruz.
Xente de aquí e acolá ou Se o vello Simbad volvese as illas ou mellor as obras completas, de Álvaro Cunqueiro. 
Ficciones, de Borges.
Historias extraordinarias, de Roald Dahl.
Alicia en el país de las Maravillas e A través del Espejo, de Lewis Carrol.

 

«Veladas analóxicas», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |