¿Qué soy?

A ilustradora japonesa afincada en Londres, Momoko Abe, narra neste libro, titulado ¿Qué soy?unha historia tenra, divertida e moi saborosa protagonizada por un aguacate que se sente só e un pouco confundido pois non sabe se é unha froita ou unha verdura. Un conto que chega ás librarías grazas á editorial Tutifruti.

No supermercado, un aguacate que antes era feliz enfróntase agora a unha pregunta que cambiará a súa vida. É unha froita ou é unha verdura? 

Aguacate sente que todo se tambaleou e iso fai que se cuestione a súa identidade. Percorre o espazo das hortalizas e chega a frutería pero en ningún dos sitios o reclaman, así que sente que todas as súas entrañas se xuntan e se transforman en guacamole. Parece que non pode atopar un fogar en ningunha sección do supermercado e síntese confundido e só. Ata que nun dos seus paseos coñece a Tomate e se fai o seu amigo. Tomate e Aguacate únense por e para sempre concluíndo que son totalmente versátiles para un montón de receitas e que son increíbles sen importar se son unha verdura ou unha fruta. 

Momoko Abe realizou un conto divertido, blandiño e saboroso cheo de ilustracións moi detalladas e coloridas, que ademais garda no seu interior, unha gran lección. 

Libraría NUMAX |