A cidade lembrada: voces na construción da memoria urbana
O primeiro encontro da actividade «A aldea desmedida» está protagonizado pola historiadora Encarna Otero e a antropóloga Beatriz Busto para falarmos de memoria e historia desta cidade nosa. A cita, que leva por título A cidade lembrada: voces na construción da memoria urbana, é este xoves 11 de abril ás 20h30 na Libraría NUMAX. Esta actividade está comisariada por Maos Innovación Social e subvencionada pola Deputación da Coruña. Aquí vos deixamos o seu itinerario de libros conxunto dos que falarán explicitamente (ou non).
- Anacos da vida dunha muller galega, de María Tobío (Ediciós do Castro)
- As décadas de T.L., de Lois Tobío (Ediciós do Castro)
- En las praderas del gran Manitú, de Concha Castroviejo (Peirao)
- Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia), de Nina Epton (Ir Indo)
- Edith Wharton. Back to Compostela /Regreso a Compostela, editado por Patricia Fra López (USC)
- Um país a la gallega, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)
- Mulleres en Compostela. Elas Tamén contaron, de Encarna Otero (El Patito Editorial)
- Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez Carballeira (Atraves Editora)
- Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruna, de Ruth Matilda Anderson.
- Os Suicidantes, Diego Ameixeiras (Xerais)
- Anacos de esperanza, de Encarna Otero (Edicións do Castro)
- Guía de Santiago de Compostela, de Otero Pedrayo
«A Aldea Desmedida», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Libraría NUMAX |