A cidade comida: nutrirse en tempos de cemento

O segundo encontro da actividade «A aldea desmedida» está protagonizado polos divulgadores gastronómicos Claudia Polo e Jorge Guitián que conversarán sobre a posíbel aliaxe entre gastronomía e o consumo responsábel no marco dunha urbe como Santiago de Compostela coa capacidade revolucionaria e transformadora que reside na alimentación como pano de fondo. A cita, que leva por título «A cidade comida: nutrirse en tempos de cemento», é este xoves 23 de maio ás 20h30 na Libraría NUMAX. Esta actividade está comisariada por Maos Innovación Social e subvencionada pola Deputación da Coruña. Aquí vos unha listaxe de libros que serviron de inspiración para artellar esta conversa!

- Entorno, Claudia Polo (Destino)
- La ciudad agropolitana. La aldea cosmopolita. Hacia una ciudad responsable con el campo, de Jaime Izquierdo Vallina (KRK)
- Ciudades hambrientas, de Carolyn Steel (Capitán Swing)
- Sitopía, de Carolyn Steel (Capitán Swing)
- Saber y sabor: escritura y comida. Acerca de los paisajes alimentarios ibéricos, Enric Bou (La Casa Riqueza)
- Los rituales en la mesa, de Margaret Visser (Antoni Bosch Editor)
- Mejor oler a mar, Ana Luisa Islas (Col &Col)
- Tierra de mujeres, María Sánchez (Seix Barral)
- Fuego la sed, María Sánchez (La Bella Varsovia)
- Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más consciente, Toni Lodeiro
- La cocina situada: Un diccionario ilustrado para la soberanía alimentaria, Marina Monsonís (GG)
- El futuro es local, Gustavo Duch (Pol·len edicions)
- Cartografía de la ciudad capitalista: transformación urbana y conflicto social en el estado español, VVAA
- El idiota gastronómico, Iñaki Martínez de Albéniz (Col &Col)
- El malestar de las ciudades, Jorge Dioni López (arpa)
- Contra los gourmets, Manuel Vázquez Montalbán (Altamarea)
- Cocina o barbarie, María Nicolau (Península)
- Desde mi escritorio: ensayos sobre el comer, Alice Kennedy (Col &Col)
- Espacios del capitalismo global: hacia una teoría del desarrollo geográfico desigual, David Harvey (Akal)
- Gastronomía, cultura y sostenibilidad. Etnografías contemporáneas, David Conde, Lorenzo Mariano, Xavier Medina (Icaria)

Bibliografía extra:
- Bryant Terry: Black Food. Art and Recipes from Across the African Diaspora, 2021
- Craig Verzone e Cristina Woods: Food Urbanism: Typologies, Strategies, Case Studies, 2021
- Susan Parham: Food and Urbanism, The Convivial City and A Sustainable Future, 2015
- Matthew Hardy e Susan Parham: Exploring Food and Urbanism, 2023
- Michiel Dehaene e Chiara Tornaghi: Resourcing an Agroecological Urbanism, 2021
- Kathrin Bohn e Mikey Tomkins: Urban Food Mapping: Making Visible the Edible City, 2024
- Fabio Parasecoli: Gastronativism: Food, Identity, Politics, 2022
- Saline Verhoeven e Han Wiskerke: Flourishing Foodscapes: Design for City-Region Foodscapes, 2017

Datos de interese sobre o contexto de Santiago de Compostela:
O concello de Santiago de Compostela ten 98.687 habitantes. Conta con máis de 5.500 hectáreas de superficie cultivable, que non cultivada, e datos incertos sobre explotacións gandeiras. Ten 406 restaurantes, 571 cafetarías e cafés-bar, 98 panadarías, 50 froiterías, ao redor de 100 supermercados e tendas de alimentación. Conta con 291 parcelas de hortas urbanas de xestión municipal, un mercado de Abastos, un mercado autoxestionado de produtos ecolóxicos e locais, un polígono industrial con varias grandes superficies de venda de alimentos e 3 centros comerciais con alimentación integrada. Nela tamén hai grupúsculos de consumo autoxestionados e faise reparto a domicilio de cestas frescos de diversas producións dos arredores. Na actualidade, ten ademais un núcleo urbano atravesado polo trafego de vehículos para o reparto de comida a domicilio, conta con terrazas cheas, lineais de supermercados abundantes e un rexistro de turistas que medra á mesma velocidade que minguan os estudantes.

 «A Aldea Desmedida», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |