Os libros de Albert Serra
Para acompañar a súa Aula «Os ollos verdes» titulada Metodoloxía e cinema contemporáneo do sábado 3 de decembro ás 11:30, Albert Serra achéganos un itinerario bibliográfico especialmente elaborado para a sesión polo cineasta de Banyoles cuxos volumes poderedes atopar durante os vindeiros días na Libraría NUMAX.
Fotografía: César Lucadamo
Marcel Proust, Sobre la lectura (Cátedra: 2015)
Proust revive neste breve pero notábel ensaio de 1905 as súas lecturas de infancia. A proposta do autor, porén, vai moito máis aló da mera autobiografía. Do que aquí se trata é de dar resposta a unha pregunta urxente: que facemos cando lemos?
José M. Valverde, La literatura (Montesinos: 1989)
Libro de cabeceira do poeta, ensaista, crítico literario, historiador das ideas, tradutor e catedrático José María Valverde. Neste volume o autor extremeño afincado en Barcelona reflexiona arredor do pasado e presente da literatura, e dos obstáculos que ameazan o seu futuro.
Stendhal, La cartuja de Parma (Alianza: 2015)
Stendhal permítese o luxo de imaxinar a un heroe entregado ao frenesí da acción porque si, impulsado polo que el chama ese instinto de felicidade, vivindo entre exaltantes perigos e aventuras, superando obstáculo tras obstáculo case cun sorriso nos beizos.
Peter Handke, Preguntando entre lágrimas. Apuntes sobre Yugoslavia bajo las bombas y en torno al tribunal (Alento: 2011)
Ésta é a primeira vez que os lectores non alemáns teñen a oportunidade de se asomar a un testemuño insólito, excepcional, que recusa os procedementos da prensa e da xustiza internacional e que se enfronta valentemente ao consenso xeralizado sobre o politicamente correcto.
Patrick French, El mundo es así: La biografía autorizada del premio nobel V.S. Naipul (Duomo: 2009)
En El mundo es así, French examina a dura infancia de Naipaul e a súa xuventude nunha comunidade desprazada; describe como a nostalxia e a depresión o abaten en Inglaterra e a maneira en que superou esta crise coa axuda da súa esposa.
André Breton, Nadja (Cátedra: 1997)
Obra complexa na que, a partir da relación que se estabeleceu en 1924 entre o personaxe que dá título al relato e o autor, atópanse todas as claves do Surrealismo na etapa do seu desenvolvemento inmediatamente posterior á publicación do primeiro dos seus manifestos.
Gerardo Diego (Ed.), Poesía española. Antología 1915-1931 (Visor: 2002)
Non pretende ser este libro unha antoloxía total da poesía española, senón precisamente una antoloxía parcial en todos os sentidos da palabra, limitada no tempo —1915 a 1931—, no idioma —lingua española— e no espazo xeográfico —poetas nacidos en España—.
Andy Warhol, Pat Hackett, Popism. The Warhol Sixties. Diarios 1960-1969 (Alfabia: 2008)
Estes diarios cobren a dinámica e produtiva etapa que vai desde 1960 a 1969 e aínda que na súa maior parte fai referencia á produción plástica e fílmica de Warhol, inclúen igualmente innumerábeis e imperdíbeis anécdotas da Factory e os seus habituais.
Andy Warhol, Diarios (Anagrama: 2007)
Rexistro minucioso de todo o que facían e decían os amigos e coñecidos de Warhol. Polas súas páxinas desfilan desde Truman Capote a Jackie Onassis, desde Lennon e Yoko Ono a Donald Trump, Madonna e Mick Jagger, nunha crónica da modernidade escrita desde o centro do imperio.
Antony Beevor, Stalingrado (Editorial Crítica: 2015)
En Stalingrado librouse a batalla máis decisiva da Segunda Guerra Mundial. A súa historia foi contada moitas veces, pero nunca coma neste libro de Antony Beevor, que foi eloxiado por especialistas como Orlando Figes e Robert Conquest, e que se converteu nun bestseller internacional.
Libraría NUMAX |