Os libros de Anna Pacheco e Ismael Ramos no encontro Afinidades Electivas
O pasado venres 20 de setembro reunimos á escritora e xornalista Anna Pacheco e ao poeta Ismael Ramos para celebrar un encontro literario enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. Na conversa que mantiveron na Libraría NUMAX falaron, entre outros temas, sobre a cuestión de clase na escrita e sobre as consecuencias e as problemáticas que trae o turismo masivo nas cidades nas que viven, Santiago e Barcelona. Esta actividade estivo promovida pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.
Ismael Ramos e Anna Pacheco reflexionaron neste encontro de Afinidades Electivas sobre cal é o seu posicionamento á hora de escribir, desde onde o fan e que queren trasmitir. Tamén de como se relacionan os seus principios ideolóxicos coa exposición pública nas redes sociais. O turismo foi outros dos lazos que os unen, polo que tamén foi obxeto de debate. A performatividade do turismo, a insaciabilidade desta industria crecente e onde nos colocamos nós como cidadás, un tema que se relacionou directamente coa crise da vivienda, as dificultades ao seu acceso, á subida dos alugueres e o auxe dos pisos turísticos.
Por aquí deixamos unha lista con algunhas lecturas que se nomearon durante a súa conversa:
- Léxico familiar, Natalia Ginzburg (Lumen)
- El lugar, Annie Ernaux (Cabaret Voltaire)
- Una mujer, Annie Ernaux (Cabaret Voltaire)
- La distinción, Bourdieu (Taurus)
- Amianto, Alberto Prunetti (Hoja de Lata)
- Circuíto cerrado de vigilancia, Mayte Gómez Molina (Cielo Santo)
- Los trabajos sin Hércules, Mayte Gómez Molina (Hiperión)
- Regreso a Reims, Didier Eribon (Libros de Zorzal)
- Lo que es mío, José Henrique Bortoluci (Random House)
- Illa decepción, Berta Dávila (Galaxia)
Libraría NUMAX |