«Ablandar a lingua»​​​​​​​: conversa entre Luz Pichel e Ángela Segovia

As poetas Luz Pichel e Ángela Segovia conectaron na súa conversa titulada «Ablandar a lingua», nun obxectivo común á hora de facer poesía: saírse da norma e traballar con unha lingua dúctil, aínda que o fagan por diferentes camiños. Outro dos fíos que as une é que ambas escriben desde un lugar de infancia. Nesta velada poidemos escoitar as súas voces poéticas vertebradas a tráves das lecturas cruzadas e explicadas. 

A obsesión de Ángela Segovia por "ablandar a lingua" vén da idea de que para expresarse precisaba dun idioma máis brando e laxo para escribir. Ela imaxinou como sería vivir na época na que as linguas romances non estaba fixadas e na que o latín era a lingua de dominio da cultura e da administración pero convivía cunha disgregación doutras como a fala dos trobadores ou as linguas francas que eran as que empregaban os mariñeiros e que se mesturaban con linguas árabes e doutras partes de África. Esa fantasía trasladouna ao presente, imaxinando como podería ser unha lingua así hoxe en día, na que non existise unha grámatica fixa, pero que fose comprensible para todas. 

Para Luz Pichel o tema de "ablandar a lingua" ten que ver con saír dunha rixidez, algo que para ela está ligado ao traballo da oralidade. Falar de oralidade nun libro de poemas escrito pode parecer un fiximento, pero para ela está claro: cando se mestura oralidade e escrita aparece algo novo que merece ser respetado. No caso da súa poética son os cruces lingüísticos, é a súa forma de facer dúctil a lingua e de que lle axude a contar outros mundos. Está segura de que nos seus poemarios hai unha parte sentimental e afectiva que non entraría na súa poesía de non ser polas misturas lingüísticas. Algo que fai que o suxeito enunciador se enriqueza máis. 

Ángel Segovia recorda que cando estaba traballando na traducción de Co co co u de Luz Pichel, había moitas palabras que non estaban recollidas nos diccionarios porque eran verbas que Luz conservaba na súa memoria de infancia e que estaban asociadas aos traballos no campo, que non sabía se se seguían dicindo ou empregando. Por todo isto, Ángela pensa que as dúas traballan a oralidade pero por camiños diferentes. No seu caso, é anárquica, colle calquera palabra que transforma e vehícula cara o sentimental, pero sendo moi libre. No caso de Luz hai unha vontade de traer un mundo xa inexistente cara o poema.

Ambas pregúntanse quen domina a linguaxe? como se domina? Unha quixera abarcar moito cando escribe pero é imposible, pensa Ángela Segovia. Chegase ao que unha quere cando nos abrandamos ao escribir, cando nos sometemos á linguaxe. A explicación que da Luz Pichel sobre isto é que moitas veces é a propia lingua a que di as cousas, non é o léxico nin os conceptos, é a lingua a través da súa sintaxe, sobre todo, cando ti no poema te deixas levar. Nese camiño, entra no texto cousas que non estaban antes. Aparece unha lingua máis corpórea, que vén de atrás e que atrae cousas que descoñecemos, aparece unha "sentibilidade": "eu chego ao poema con partes de min, do meu ser, pero non sei a través de que van, non sei se é a través da fonética ou de que, pero que non está na miña vida cotiá nin sequera no mundo da oralidade pura", comenta Luz Pichel. 

Podes escoitar o total da conversa entre Ángela Segovia e Luz Pichel pinchado aquí.

«É un falar», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |